O alcalde anima á participación o proximo 9 de novembro na carreira popular Vigo+11
A Vigo+11 volverá o día 9 as rúas de Vigo, organizada pola Delegación en Vigo da Federación de Atletismo e a colaboración do Concello. Durante a presentación, esta mañá en El Corte Inglés, o rexedor animou a todo Vigo a participar nesta proba popular
O alcalde de vigo animou a todo Vigo a participar na carreira Vigo+11 que se desarrollará el 9 de novembro ás 11,11 horas, baixo a organización da Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo. Esta competición, que está incluída no circuito de carreiras populares de Vigo, ten unha distancia aproximada de 11 km con saída e chegada á Praza Compostela. Durante a rolda de prensa, en El Corte Inglés, o alcalde agredeceu a promotores e colaboradores e, especialmente, aos patrocinadores a posta en marcha desta iniciativas porque en Vigo "o atletismo é unha cultura, unha forma de vida saudable".
Tal e como se explicou, o circuito será o seguinte: Concepción Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Carral, Marqués de Valladares, Colón, Areal, Isaac Peral, García Barbón, Colón, Praza Compostela, García Olloqui, Cánovas del Castillo, Beiramar, As Ánimas, Tomás Alonso, Coruña, Arquiecto Bar Boo, Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón e Praza Compostela.
O prazo de inscripción, cun custo de 5 euros, remata o 5 de novembro na páxina web da Federación de Atletismo ou na pranta de Deportes de El Corte Inglés.
Descargar todas as imaxes