Abel Caballero avanza a necesidade de ampliar o Ifevi para acoller futuras edicións de Conxemar
Abel Caballero e o responsable de Conxemar, José Luis Freire, fixeron hoxe unha "revisión conxunta" do resultado da XVI edición da feira que ven de pechar as súas portas. Durante o encontro, no que tamén participou o responsable do Ifevi, Arsenio Prieto, prantexouse a necesidade de ampliar o recinto feiral tal e como demanda a evolución de participantes e asistentes deste evento económico.
O encontro que mantiveron esta mañá Abel Caballero e José Luis Freire para facer unha "revisión conxunta" da "excepcional" edición de Conxemar serviu tamén para avanzar na organización da próxima cita. Neste punto, e tal e como explicou o alcalde en rolda de prensa, prantexouse a necesidade de que a Xunta comece a pensar nunha ampliación do recinto feiral. Este ano, puntualizou, Conxemar acadou a cifra récord de participantes que estaba en 26.000 no 2008; o ano que vén organizarase unha gran convención á que se invitarán a 160 países. Durante a reunión tamén se avanzou a elaboración dun plan desde o ámbito municipal que inclúa vías de aceso, aparcadoiros no aeroporto e zonas privadas. A reunión tamén estiveron presentes o xerente do Ifevi, Arsenio Prieto e o concelleiro de Tráfico, Carlos López Font.
Descargar todas as imaxes