Escoitar

Vigo converterase no epicentro internacional da música de vangarda coa celebración do festival "VERTIXE VIGO 2014"

Este festival reunirá en Vigo a decenas de músicos procedentes de España, Italia, EEUU, Israel, Corea, Francia, Suecia ou Mexico que amosarán as súas creacións musicais en diferentes espazos da cidade.

mércores, 22 out 2014
1413982295vertixe.JPG
O rexedor municipal, Abel Caballero, acompañado do concelleiro de Cultura, Cayetano Rodriguez, xunto con Javier Perez como representante da Fundación Laxeiro, Ramón Souto do comité organizador do festival asi como Ignacio Barcia, da Universidade de Vigo, presentou en rolda de prensa esta mañá a segunda edición deste festival. O alcalde eloxiou a calidade e orixinalidade dos plantexamentos musicais e invitou a "toda a cidadanía a participar e desfrutar desta propostas que porán a Vigo na vangarda da música neses días".

Pola sua banda, os representantes da organización quixeron agradecer de maneira expresa a colaboración do Concello de Vigo. Ramón Souto, como representante da organización, indicou que este encontro "converterá a Vigo no centro internacional da música contemporánea durante eses días, xa que este é un festival que ven avalado por diferentes universidades internacionais"

A segunda edición deste festival internacional, que xa acadou un gran prestixio a nivel internacional na primeira cita, desenvolverase os días 6, 12, 20, 27, 28, e 30 de novembro en diferentes espazos da cidade coma o Espazo Sirvent, o Museo VERBUM, o Colexio de Arquitectos de Vigo ou a Facultade de Minas da Universidade de Vigo entre outros.

O Concello de Vigo achega 10.000 euros á organización para o festival, unha colaboración á que hai que sumar a cesión do auditorio do VERBUM de forma gratuita, ademais de axuda na promoción e a difusión.
Descargar todas as imaxes