O alcalde solicita ao ministro de Xustiza dous novos maxistrados para os xuzgados de Vigo
O alcalde de Vigo soliciotoulle por carta ao ministro de Xustiza que dote de dous novos maxistrados aos xuzgados de Vigo. Caballero amparou a súa peticion no informe emitido polo Consejo General do Poder Judicial no que se ratifica esta necesidade.
Abel Caballero avanzou hoxe o envío dunha carta ao ministro de Xustiza, Rafael Catalá, na que lle insta a atender o informe emitido polo Consejo General del Poder Judicial que solicita dous novos maxistrados para Vigo. Concretamente, o máximo órgano dos xuíces inclúe a petición dunha plaza especialidada en civil na sección Sexta, ademais doutra especializada en penal, para a sección Quinta. Esta última xa figuraba no acordo alcanzado pola Comisión Mixta formada por Xunta e TSXG.
En rolda de prensa, o rexedor tamén deu conta da aprobación en Xunta de Goberno do proxecto de acondicionamento do Mercado de O Progreso, por importe de 1,2 millóns de euros. Nestes momentos os traballos están en fase de licitación e o prazo de execución é de tres meses.