XXII Xornadas de Filosofía – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)
" A felicidade" é o tema central das XXII Xornadas de Filosofía, que terán lugar no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1) os días 21, 22 e 23 de outubro, de 17:00 h a 21:00 h. As Xornadas están organizadas pola Concellería de Cultura e Festas e o grupo Aletheia-Vigo.
Desde as orixes da historia comprobamos que, en todas as etapas da mesma, o ser humano pon como meta final dos seus actos "vivir o mellor posible". Así queda recollido na literatura dos mitos, das relixións e, sobre todo, da filosofía. Foi a filosofía quen desde Sócrates, Platón e Aristóteles fixo da felicidade un tema de debate preguntándose en que consiste, que relación garda coa idea de ben, como cada ser humano identifica a felicidade coas súas características vitais, etc. Ese debate segue aberto na actualidade e aparecen novas canles para profundizar na súa esencia.
A finalidade destas xornadas, dedicadas á felicidade, consiste en sensibilizar á sociedade galega, especialmente á cidadanía viguesa, de que aínda é posible e necesario loitar pola conquista da felicidade. A proposta que ofrecen consiste en abrir canles de esperanza e en ofrecer información científica, psicolóxica, filosófica e rigorosa a todas as persoas que acudan aos debates e relatorios.
A felicidade é innata e consubstancial á natureza humana, pero non se identifica con ningún obxecto concreto. Consiste nunha actividade permanente da busca do ben, da conquista sen fin da perfección, da presteza na colaboración cos demais do ben común. A conquista da felicidade é unha utopía, pero a actitude fronte á vida permite lograr pequenas doses dela. Científicamente podese demostrar como conseguilo, e os relatores destas xornadas van dar argumentos para confirmalo.
As xornadas contarán coas seguintes conferencias:
- Javier Urra: "Vivir: moito máis que ser feliz"
- Jenny Moix: "A felicidade a través da flexibilidade"
- Javier Sádaba Garay: "As dúas caras da Felicidade"
- Manuela Martínez Ortiz: "Cómo reprogramar o cerebro para ser feliz?"
- Jesús Mosterín Heras: "Sabiduría e felicidade en Ortega y Gasset"
- Ignacio Morgado Bernal:"O sistema interoceptivo como base para o benestar e a felicidade"
Descargar todas as imaxes