Escoitar

Caballero eloxia a iniciativa de ARVI de levar aos mercados degustacións de produtos do mar

Polo seu 50º aniversario, a Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo organiza desde este venres unha serie de degustacións nos mercados do Calvario, Teis e Travesas, ademáis de na área metropolitana viguesa, servindo pratos elaborados con especies de captura. Durante as xornadas se entregarán a consumidores e vendedores material gráfico da campaña e distintas recetas.

venres, 17 out 2014
1413547452arvi.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou esta iniciativa como unha nova forma de transmitir aos consumidores a importancia que tivo e ten a pesca para a cidade.

A proposta de ARVI, dentro da campaña "A arte de pescar", programa unha serie de degustacións nos mercados vigueses do Calvario, Teis e Travesas e na área de Baiona, Redondela e Cangas; trátase de showcookings a cargos dos cociñeiros Nuria Cervera e Aitor Martínez, que servirán pratos elaborados con especies que captura a flota de cerco (como sardiña, xurel ou a caballa), capturados coa arte de palangre (peixe espada, quella...) ou pescados pola flota arrastreira (merluza, bacallao, rape...)

Durante as xornadas, a organización fará entrega aos consumidores e vendedores de material grafico da campaña e de distintas recetas empregadas na mesma.
Descargar todas as imaxes