Caballero saúda a celebración en Vigo dunhas xornadas sobre automatización industrial
O alcalde mantivo unha reunión este xoves con Nacho Armesto e Patricia Ibarra, organizadores do evento, tras a cal Caballero explicou que será un evento "importantísimo" sobre automatización industrial que exhibirá tecnoloxía implementada en Vigo. O Congreso terá lugar do 3 ao 7 de novembro no Auditorio do Centro Social Afundación.