Escoitar

Caballero respalda que San Francisco continúe xestionando o centro ocupacional

O alcalde cualifica de "disparate" a posibilidade de trasladar aos usuarios do centro ocupacional de San Francisco. Así o trasladou hoxe xoves aos medios de comunicación logo de manter un encontro con responsables da asociación.

xoves, 16 out 2014
1413461306sanfrancisco.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou esta mañá o seu apoio á Asociación Galega San Francisco. Logo de manter un encontro cos responsables da entidade, o alcalde insistiu na necesidade de pensar nos usuarios, discapacitados intelectuais, que teñen a mellor atención no centro no que, en moitos casos, levan máis de 15 ou 20 anos acudindo. Na súa opinión, sería un "disparate" trasladar aos 73 usuarios.

Ao longo do encontro, asinaron o convenio de cesión gratuita das instalacións do Pavillón de Coia para o uso e disfrute dos seus usuarios. Os responsables de San Francisco non asinaron este acordo o pasado martes porque lles coincidiu cunha xornada de protesta diante da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes