Escoitar

O goberno de Vigo adxudica provisionalmente 22 humanizacións por 1,8 millóns de euros

Segundo informou Caballero, a Xunta de Goberno Local realizou a clasificación de ofertas para traballos de mellora en 22 rúas da cidade, por importe total de 1.768.000 euros. O alcalde reiterou que "continuamos coas humanizacións masivas na cidade de Vigo, que non se van deter".

xoves, 16 out 2014
1413461391Imagen005.jpg
O Concello adxudicou provisionalmente as humanizacións da rúa Toledo e o seu entorno, por 190.000 euros e cun prazo de execución de 4 meses; da rúa Coutadas, por 335.000 euros e 4 meses de obras; de Baixada a Ríos e Douctor Corbal, cun orzamento de 115.000 euros e 3 meses de duración dos traballos; e de Doutor Canoa, por 230.000 euros e 4 meses de execución.

O goberno local aprobou tamén outros dous lotes de reformas de rúas, ambas cun investimento de 449.000 euros e un prazo de execución estimado en 3 meses. O primeiro supón a mellora dos accesos ao pavillón de Coruxo, de Camiño Gándara, San Cosme, Atlántida, entrada a Balsa, rúa Bravo, Camiño Oia e Camiño Pinguela; o segundo contempla as renovacións da Subida á Madroa, Manuel Costas Bastos, Subida Mouteira, rúa Seixo, Rotea de Abaixo, Gandarón, Camiño Fermín, Bagunda, Santa Mariña.

Travesas, Samil e a ETEA
Abel Caballero informou asemade da adxudicación provisional das obras de mellora a realizar nos campos de fútbol de Travesas, Samil e a ETEA, nas que o goberno de Vigo investirá 857.000 euros e que estarán concluidas antes de rematar o ano. Segundo expuxo o rexedor, o Concello reporá e mellorará os terreo de xogo de herba artificial e os sistemas de rego nas Travesas e en Samil, e construirá un novo campo de fútbol 11 nas instalacións da ETEA.

Asociacionismo
A sesión da Xunta de Goberno Local tamén acordou a proposta de concesión de subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, achegas que superan os 240.000 euros en total e beneficiarán a 40 entidades viguesas.
Descargar todas as imaxes