O goberno de Vigo contrata o asfaltado de Pizarro, a Avenida de Madrid e os túneles de Martínez Garrido e Praza de España
Abel Caballero informou desta decisión, adoptada pola Xunta de Goberno Local, de aprobar o expediente de contratación das obras de reforzo de capa de rodadura de Pizarro -entre a Praza de España e Vázquez Varela-, os laterais da Avenida de Madrid e os túneles da Praza de España e de Martínez Garrido. O orzamento é de 800.000 euros.
O alcalde recordou que estes asfaltados de viais principais da cidade se suman aos bacheos en ducias de puntos da cidade e aos máis dun millón de euros xa investidos en mellorar o firme en rúas do centro e das parroquias.
O goberno de Vigo adicou 381.000 euros para asfaltar 13 rúas do casco urbano (Tomás Paredes, o túnel de Travesas, Gerona, José Frau, D. Quijote, Sergio Saborido, Cachamuíña, Caracas, San Amaro, Heraclio Botana, Ricardo Portela, Juan Ramón Jiménez e a rúa Paz) e outros 640.000 euros para reformas no pavimento en Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Sárdoma, Saiáns, Teis, Valladares e Zamáns.
Outros acordos
A Xunta de Goberno Local deixou outras decisións, como a aprobación dun convenio coa Axencia de Exerxía de Vigo (FAIMEVI) para desenvolver e difundir unhas xornadas técnicas sobre Vigo Smart City e un estudo sobre a necesidade de puntos de recarga para vehículos eléctricos na cidade olívica. O Concello achega case 49.000 euros para estes dous proxectos, vencellados ao emprego de 13 profesionais, tal e como apuntou o rexedor.
En segundo lugar, Caballero informou ademais da aprobación dun convenio co Banco de Alimentos de Vigo segundo o cal a administración que preside achega 15.000 euros á entidade para o aluguer e mantemento do seu local, apoiando polo tanto a súa labor socioasistencial, humanitaria e de loita contra a pobreza e a marxinación. Tamén coopera o Concello coa entidade para financiar o aluguer da súa nave e cunha achega directa para a súa función.
Por último, o goberno local adxudicou provisionalmente o contrato de mantemento do terreo de xogo de Balaídos, algo máis de 41.000 euros para o servizo de conservación do céspede do estadio.