O alcalde anuncia que os beneficiarios das bolsas de inglés do Concello viaxarán a finais de novembro
Caballero indicou este venres que os 290 bolseiros do Concello -alumnos de 3º de ESO- partirán finalmente a Irlanda o 21 de novembro e a Inglaterra os días 25 e 26 do próximo mes, para completar a súa estadía dun mes en inmersión no estranxeiro. O rexedor explicou que estas datas, elixidas cos responsables dos principais centros educativos, son axeitadas desde o punto de vista académico.
O alcalde recordou que os pais e nais dos beneficiarios, dependendo do elevado dos seus ingresos, sufragan ata un máximo do 25% do custo do programa.