xoves, 23 out 2014
Caballero avanzou hoxe xoves os servizos especiais que oferta a biblioteca Neira Vilas para persoas con mobilidade reducida ou entidades que traballan con discapacitados temporais ou permanentes. Así o explicou durante unha visita a esta instalación municipal no Día das Bibliotecas.
xoves, 23 out 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, entregaron hoxe unha gran bandeira de Vigo aos deportistas dos ximnasios locais Tao e Kiap que van disputar o Campionato do Mundo de técnica en Aguascalientes (México).
xoves, 23 out 2014
A Vigo+11 volverá o día 9 as rúas de Vigo, organizada pola Delegación en Vigo da Federación de Atletismo e a colaboración do Concello. Durante a presentación, esta mañá en El Corte Inglés, o rexedor animou a todo Vigo a participar nesta proba popular
xoves, 23 out 2014
A Concellería de Igualdade de Vigo xunto co Consello Municipal da Muller organiza unhas xornadas sobre a Violencia de Xénero que baixo o título: " As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo" terán lugar en Vigo os días 24 e 25 de outubro. Lugar de realización: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/Policarpo Sanz, 24