Presentación do libro de toponimia de Beade
O xoves 23 de outubro a partir das 20.00 h no Centro Social, Cultural e Recreativo de Beade presentase o terceiro volume da colección Toponimia do Val de Fragoso, correspondente á parroquia de Beade.Este labor de recollida, recuperación e posta en valor da toponimia viguesa é froito da colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística e da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
O traballo de campo e a redacción do libro foi realizado conxuntamente por Gonzalo Navaza e Lorena Carrasco.
Dende a Área de Normalización Lingüística da Universidade e a Concellería de Normalización Lingüística do concello estase a traballar, en colaboración coa sociedade viguesa na recuperación, fixación e divulgación da toponimia tradicional viguesa.
Este labor de recollida da toponimia (e á par de lendas, cantigas e outros tesouros do noso patrimonio inmaterial) é posible grazas á colaboración de persoas interesadas en conservar e transmitir eses saberes que xeración tras xeración foron transmitíndose.
Coia, Lavadores e agora Beade son os tres títulos publicados até agora. En breve, novos volumes desta colección: Freixeiro-Sárdoma, Comesaña, Bembrive..
Descargar todas as imaxes