Escoitar

O alcalde anuncia a intervención no pleno do próximo luns de responsables de San Francisco

O alcalde de Vigo, que participou onte na cadea humana en protesta pola decisión da Xunta de Galicia de conceder a atención dos usuarios de San Franscisco a unha empresa privada ubicada en Mos, reiterou esta mañá o grave prexuizo que suporá para os usuarios do centro e os seus famliares este traslado.

mércores, 22 out 2014
Abel Caballero anunciou en rolda de prensa que tras manter diferentes contactos e reunions cos responsables do centro San Francisco éstes lle remitiron unha petición formal -que foi automáticamente aceptada- para intervir no pleno municipal do próximo luns. O rexedor, que asistiu onte a cadea humana en protesta pola decisión da Xunta de Galicia de trasladar aos usuarios deste centro a outro no concello de Mos xestionado por unha empresa privada indicou que o obxectivo e que todos os grupos municipais se sumen a petición de usuarios, familiares e cidadans para que a Xunta de marcha atrás na sua decisión. En verbas do propio rexedor, "os queren botar da sua casa" en referencia aos usuarios do centro San Francisco que levan anos sendo atentidos por este organización sen ánimo de lucro. Abel Caballero quixo salientar que os especialistas coinciden en sinalar que "este traslado afectará moi negativamente a integración dos usuarios do centro" e causará un "grave quebranto as súas famlilias"