Escoitar

Caballero anuncia o apoio municipal ao Náutico de Vigo, "unha sociedade referencial"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe en Alcaldía unha reunión coa presidenta do Real Club Náutico, Viviana García, coa Semana do Atlántico Cidade de Vigo, competición internacional de vela, como eixo central.

martes, 21 out 2014
1413903849NAUTICO.JPG
Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, conversou durante media hora coa dirixente da centenaria sociedade, interesándose pola situación actual do club, pola que se preocupou, e polo evento que esta fin de semana comeza e que tamén copará a actividade da vela lixeira nacional o primeiro fin de semana de novembro.

"Reunímonos para transmitirlle o noso apoio, o Náutico ten que seguir perviviendo e facendo a función de promoción da vela e doutros deportes e sendo unha sociedade referencial", explicou o alcalde trala xuntanza.

O xefe do goberno local non entrou nos procesos internos que o club debate agora para conseguir máis ingresos, pero si que indicou ós medios que para Vigo "é moi interesante que o Náutico salve a difícil situación na que se atopa". O rexedor xa se expresou en similares termos en días pasados, durante a presentación da Semana de vela e cando o club presentou a todas as súas seccións deportivas.

A Semana do Atlántico Cidade de Vigo, Trofeo Martín Barreiro, arrinca este venres e o Concello expresou o seu apoio á mesma, pois move a preto dun milleiro de rapaces e rapazas regatistas de varios países e a máis de 600 embarcacións.
Descargar todas as imaxes