Escoitar

O alcalde anuncia obras de humanización e saneamento por valor de 1,4 millóns de euros

Abel Caballero anunciou hoxe que o goberno local deu luz verde a una serie de humanizacións e obras de saneamento en distintas zonas da cidade. A meirande parte destes traballos comezarán antes de que remate o ano.

mércores, 22 out 2014
O rexedor municipal comunicou hoxe a aprobación de diferentes obras de saneamento e humanización por un importe total de 1,4 millons de euros. Por una banda, aprobouse o proxecto para o inicio de obras de saneamento e abastecemento na Avenida Atlántida cun custo de 36.183,38 euros así coma traballos de renovación de subministros no barrio do Calvario, neste caso, por un importe de 879.780 euros.
Así mesmo, avanzou, deuse luz verde ao plan de seguridade e a xestión de residuos da obra de renovación das redes de abastecemento na rúa Cantabria, no tramo comprendido entre a avenida do aeroporto e Ramón Nieto, cun presuposto total de 300.000 euros.

Nesta mesma xunta de goberno aprobouse encargar a redaccióm do proxecto para a renovación de redes de abastecemento e saneamento na rua Manuel Nuñez, entre a rúa Ecuador e María Berdiales. Esta obra incluirá, así mesmo, a reparación do pavimento deste vial que se atopa en mal estado de conservación, con canalizacións de abastecemento obsoletas. Por último, o goberno local tamén deu luz verde ao proxecto de humanización da rúas Pazos e Entronque por un montante total de 175.000 euros.

Todas estas actuacións se iniciarán antes de finais de este ano 2014, salvo esta última que se prevé comezará en xaneiro.