Caballero entrega da bandeira de Vigo á numerosa representación do taekwondo local que vai ao Mundial de México
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, entregaron hoxe unha gran bandeira de Vigo aos deportistas dos ximnasios locais Tao e Kiap que van disputar o Campionato do Mundo de técnica en Aguascalientes (México).
Os taekwondistas, acompañados polos seus adestradores, foron recibidos en Alcaldía, onde lle entregaron un pequeno agasallo polo seu éxito clasificatorio -obtiveron o billete mundialista nos Nacionais de Marina D'Or, en Castellón. Ao longo da recepción, o alcalde interesouse polo tempo que adican aos adestramentos ("de dous a tres horas diarias", lle comentaron).
Caballero, que se recoñeceu "afeccionado ao fútbol", tamén lles explicou que "coñecín o taekwondo como alcalde", un deporte que polo seu desenvolvemento lle pereceu "fantástico". Ademais, indicoulles que para el xa era un "gran triunfo" que se gañasen a clasificación, o que repetiu porteriormente ante os medios de comunicación: "Non sabemos si van quedar campións, pero xa estamos cóbado con cóbado cos mellores e coas máis grandes cidades do mundo", indicou.
O rexedor desexou sorte aos vigueses (nunca se deu unha representación olívica tan numerosa) e destacou que esta arte marcial é "unha nobre disciplina e unha actividade deportiva que está adquirindo moita aceptación na cidade".
Andrea Vilas, Alejandro Losada, Manuel Jesús Rodríguez, Samuel Meilán e Lía de Araújo (Ximnasio Tao) e Lucía Penín (Kiap) competirán do 30 de outubro ao 2 de novembro en Aguascalientes (México).
Descargar todas as imaxes