Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 24 out 2014
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 15


CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 27 de OUTUBRO de 2014, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores: (sesión ordinaria do 4.09.2014).


.- Intervención de D. Eladio Fernández Pérez, como presidente da Asociación Galega de San Francisco, referente á situación que están a vivir 73 persoas con discapacidade intelectual, e as súas familias, atendidas no Centro Ocupacional. Expte. 999/1101.


2.- Declaracións institucionais.


3.- Ditames das comisións informativas:



4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do grupo municipal Socialista, instando ao Goberno do Estado a derrogar o RDLei 16/2012 e a elaborar unha nova Lei de Sanidade. Expte. 995/1101.

5.2.- Moción do grupo municipal Socialista solicitando da Deputación e ABANCA o retorno á Fundación Marco, realizando as achegas económicas correspondentes e outros acordos complementarios. Expte. 996/1101.

5.3.- Moción do grupo municipal Socialista instando ao Ministerio de Fomento a realizar estudos para a construción e financiamento dunha instalación deportiva pública de fútbol na estación do AVE en Vigo. Expte. 997/1101.


6.- Asuntos ou mocións urxentes.

6.1.- Moción do grupo municipal Socialista instando ao Ministerio de Xustiza a creación dunha nova praza de maxistrado na Sección sexta da Audiencia Provincial con sede en Vigo e outros acordos complementarios. Expte. 998/1101.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 13.10.2014, delegando as competencias da Área de Urbanismo, Cascos Históricos, Grandes Proxectos, Patrimonio e Economía e Facenda no concelleiro D. Carlos López Font, do 16 ao 23 de outubro de 2014. Expte. 988/1101.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.

4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instando ao goberno local a adopción de medidas urxentes para a mellora dos Servizos Sociais do Concello de Vigo. Expte. 991/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno local a ampliar os horarios da Pinacoteca e do resto dos espazos expositivos da cidade. Expte. 989/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno local a creación dun Plan de Emprego para maiores de 45 anos e fomentar a súa contratación nas empresas, convenios e subvencións. Expte. 990/1101.

4.4.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno local a iniciar conversas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para estudar a posibilidade de ubicar o barco "Bernardo Alfageme" no Museo do Mar de Galicia. Expte. 992/1101.


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día 27 DE OUTUBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.


Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 23 de outubro de 2014
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,


Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda