Escoitar

Caballero eloxia o planteamento de Uriarte na nova exposición do MARCO de Vigo

"Uns e Ceros" recolle algúns dos últimos traballos, realizados desde 2008 ata 2014, de Ignacio Uriarte, quen definiu á súa obra como "arte de oficina" ao partir do seu anterior traballo nunha gran multinacional para abordar cuestións relativas á rutina laboral. O alcalde participou este venres na presentación desta nova mostra, que ocupa desde hoxe, e ata o 25 de xaneiro, os espazos do primeiro andar do Museo de Arte Contemporánea da cidade.

venres, 24 out 2014
1414169971exposicion.JPG
O alcalde salientou durante a súa intervención o "atractivo do planteamento" de Ignacio Uriarte, incluindo a colaboración da colección Sirvent, apelido vencellado á cidade de Vigo, e as 160 máquinas empregadas polo artista para a elaboración do seu traballo.

Uriarte denomina ao seu traballo "arte de oficina" e toma como punto de partida o seu anterior traballo na oficina dunha gran multinacional para circundar cuestións relativas á rutina laboral. "Uns e Ceros" toma o seu título da obra do mesmo nome: unha serie de follas A4 sobre as cales uns e ceros se escriben de xeito aleatorio con diferentes modelos de máquina de escribir, intentando emular a linguaxe dixital.
Descargar todas as imaxes

Máis información