Escoitar

O Concello da luz verde á protección e acondicionamento do ámbito do Monte da Mina

Caballero informou este venres da aprobación provisional deste Plan Especial, que define máis de 116.000 metros cadrados con zonas verdes, vivenda, equipamentos públicos e a protección de elementos catalogados. Entre outras, esta "importantísima" ordenación contempla novos sendeiros peonís e cicloturistas, humanizar Mestres Goldar e declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o conxunto parroquial de Santa María de Castrelos.

venres, 24 out 2014
A Xerencia municipal de Urbanismo deu o visto bo á aprobación provisional do Plan Especial de Protección e Acondicionamento do Monte da Mina, que será refrendado pola Xunta de Goberno Local e remitida ao goberno autonómico para que emitan informes nun prazo máximo de dous meses.

O alcalde explicou que este documento ordena o ámbito contiguo a Castrelos e desbloquea a construcción de equipamento asistencial. Trátase dun ámbito de máis de 116.000 metros cadrados, con zonas verdes, un núcleo de vivendas, varios equipamentos públicos e elementos catalogados.

Os obxectivos do nomeado Plan Especial pasan por conectar o parque de Castrelos coa praza da igrexa e o cumio mediante un corredoiro verde, é dicir, supón prolgación natural do parque de Castrelos, precisou. Esta iniciativa tamén permitirá protexer o conxunto parroquial de Santa María de Castrelos declarándoo Ben de Interese Cultural, suprimirase o cableado e tendido aéreo, crearánse sendeiros peonís e cicloturistas, humanizarase Mestres Goldar, ademais de reordenar as áreas recreativas.

Na Xerencia de Urbanismo desta mañá tamén se concederon 8 licenzas de obra e 1 de actividade para un investimento de 137.000 euros.