venres, 7 ago 2015
Abel Caballero asinou este venres sendos convenios do Plan de Emprego do Concello en favor das asociacións de comerciantes Centro Príncipe e Zona Centro, un total de 90.000 euros cos que o goberno de Vigo apoia a contratación de 13 profesionais.
mércores, 5 ago 2015
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación das axudas de emprego para 50 entidades sen ánimo de lucro. Cun orzamento de 795.000 euros, o Concello subvencionará a contratación de 155 traballadores.
xoves, 16 xul 2015
Abel Caballero asinou esta mañá un convenio coa Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigo Vello por un importe de 50.000 euros. Trátase, explicou o rexedor, dunha achega con cargo ao Plan de Emprego Municipal para cooperar na contratación de persoal, xestión e orgainzación de actividades desta entidade.
xoves, 4 xuñ 2015
Abel Caballero presentou esta mañá a Vigo Shopping Night que se organiza mañá na zona comercial de Príncipe desde as 19,00 ata as 00,00 horas. Haberá prezos especiais, descontos e máis de 20 actuacións en directo.
martes, 5 mai 2015
O alcalde visitou este martes as instalacións de Formega, centro que forma a aproximadamente un millar de alumnos e traballadores da industria en técnicas de fabricación, en xeral. Abel Caballero enfatizou que a formación é a base da industria e un "requisito imporantísimo para o emprego".
luns, 4 mai 2015
O alcalde de Vigo e os responsables da entidade asinaron este luns o convenio segundo o cal o goberno local achega 40.000 euros á Rede, cantidade que fai posible a contratación de catro profesionais na orientación e formación en igualdade, concienciación social e na mellora da empregabilidade das vítimas de violencia de xénero. O Concello de Vigo adica 1,2 millóns a políticas de igualdade e prevención.
xoves, 23 abr 2015
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación dos 66 traballadores beneficiarios do Vigo Emprega II, que se suman aos 140 contratados na primeira fase do nomeado programa, financiado integramente polo Concello con 1,5 millóns. Esta iniciativa prioriza empregar a mulleres, menores de 30, maiores de 45, desempregados de longa duración e discapacitados.
mércores, 1 abr 2015
A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a contratación dos 140 beneficiarios da primeira quenda do programa Vigo Emprega I. Estes traballadores incorporaranse ás súas tarefas no prazo dunha semana, segundo avanzou o rexedor, quen recordou que esta iniciativa municipal conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros.
venres, 20 feb 2015
A Xunta Local de Goberno deu luz verde ás bases reguladoras e á convocatoria de subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro. Son 795.000 euros que permitirán crear preto de 200 empregos, segundo explicou o rexedor.
venres, 13 feb 2015
Abel Caballero e Yann Martín, director de Citroën Vigo, visitaron esta mañá os terreos que o Concello cederá para que a factoría impulse o seu proxecto de transformación. Tal e como explicou o rexedor, estes 50.000 m2 son "vitais" para o futuro da empresa na nosa cidade.