mércores, 13 xul 2016
Abel Caballero recibiu este mércores aos responsables da cadena de alimentación, quenes lle expuxeron que o seu proxecto comercial en Vigo ten "unha vida moi saudable", en verbas do rexedor, e que "agardan abrir o próximo ano, e moi pronto, a súa nova tenda en Pizarro".
mércores, 13 xul 2016
Os mercadiño de Coia e Bouzas arrancarán a principios do mes de agosto -primeiro comezará a funcionar o de Coia-, baixo a supervisión do Concello. Así llo trasladou Caballero aos representantes dos veciños e dos comerciantes de Bouzas cos que hoxe mantivo un encontro na Alcaldía.
martes, 12 xul 2016
O rexedor trasladou esta mañá a súa "total cooperación e o diálogo permanente" con Aclunaga (Asociación del clúster naval gallego) e avanzou plans de formación que o Concello poderá implementar en cooperación co sector. Esta mañá mantiveron un encontro na Alcaldía para analizar a situación desta industria en Vigo e en Galicia.
xoves, 9 xuñ 2016
O alcalde de Vigo trasladou esta mañá aos membros do comité de empresa de Vulcano, cos que mantivo un encontro, toda a "súa cooperación para espertar ás administracións do seu letargo". En rolda de prensa, esixiu á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a actuar porque "é imprescindible salvar o sector naval de Vigo".
venres, 15 abr 2016
Abel Caballero participou este venres no consello extraordinario do Porto de Vigo convocado pola saída da cidade dun importante volume de contedores de Maersk. O rexedor vigués advirte dunha perda de eficiencia e competitividade polo incremento de custos e pide sentarse a falar coa compañía danesa.
xoves, 14 abr 2016
Despois de asinar este xoves un convenio que permitirá á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos contratar a catro persoas, o alcalde de Vigo estimou que o Concello xerará este 2016 uns mil postos de traballo co plan de emprego municipal. Abel Caballero recordou ademais que o investimento do seu goberno en igualdade e prevención da violencia de xénero ascende a 1,2 millóns.
martes, 5 abr 2016
Abel Caballero celebra como "moi boa noticia" que se garanta o avance de Citroen e que se "resolva" o problema derivado da anulación do PXOM que non permitía á factoría consolidar o proxecto da furgoneta K9. Zona Franca solicitou ao Concello o informe para poder aplicar a reforma da Lei do Solo a eses terreos, un informe que será "preceptivo e vinculante" e que se resolverá positivamente.
venres, 18 mar 2016
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a convocatoria e as bases reguladoras das subvencións para a creación de postos de traballo en entidades sen ánimo de lucro para este ano 2016, amais de dar o visto e prace á contratación dos servizos de promoción e divulgación dos xacementos arqueolóxicos do Castro e de Toralla. Tamén se aprobou o convenio coa Asociación Casco Vello de Vigo para a organización da Festa da Reconquista por un importe de 40.000 euros.
mércores, 9 mar 2016
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP valorou a "fortísima desautorización" do Tribunal Constitucional ao anular parte da reforma impulsada polo goberno de Rajoy da lei local e volve solicitar a súa derrogación. Caballero saudou en particular que o TC avale as competencias municipais en política social e asistencial.
venres, 26 feb 2016
O alcalde destaca a "paixón" de Vigo polo mar durante a presentación da entrega dos premios que concede a Fundación Biamar recoñecendo o labor das persoas e entidades que traballan no mar, e que escolleu a Vigo como anfitrioa por primeira vez para esta cerimonia. O acto será esta noite no Auditorio do Mar.