venres, 29 xan 2016
O goberno local contratará a 126 desempregados, dos que 40 son receptores da Risga durante sete meses. Así o acordou a Xunta de Goberno Local que aprobou hoxe venres as memorias para solicitar as correspondentes subvencións autonómicas.
mércores, 27 xan 2016
En declaracións previas á posta de quilla do buque escola da República de Indonesia no estaleiro vigués Freire, o alcalde valorou este "acto simbólico pero cargado de contido económico" que significa "a permanencia dunha parte do naval de Vigo nos mercados internacionais e a súa capacidade de competir".
venres, 4 dec 2015
Abel Caballero explicou que a Xunta de Goberno Local celebrada este venres deu luz verde ao convenio coa factoría viguesa para fomentar o emprego entre a mocidade, como parte do Plan de Emprego Xuvenil do Concello. Ademais, o goberno de Vigo acordou introducir cláusulas para que os contratistas do Concello teñan que retribuir aos seus traballadores con alomenos o salario fixado no convenio provincial.
venres, 30 out 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este venres o convenio de colaboración do Concello con Conxemar, enmarcado no plan municipal de emprego e segundo o cal o goberno da cidade apoia a celebración en Vigo da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados<br />
mércores, 28 out 2015
O programa municipal Vigoemprega permitirá un ano máis contratar 222 persoas durante seis meses que se seleccionarán entre os candidatos que envíe o Servizo Público de Emprego. En rolda de prensa, Caballero reiterou o seu compromiso co emprego tal e como demostran os orzamentos de 2016, que manteñen unha partida de emprego de 5 millóns de euros.
mércores, 14 out 2015
Abel Caballero asinou esta mañá de mércores tres convenios de 15.000 euros cada un coas centrais sindicais de CCOO, UXT e CIG para colaborar no finanzamento das súas actividades. Durante o encontro, o rexedor reiteróulles o apoio do Concello nas reclamacións polo "copago á sanidade" que supón o aparcadorio privado do novo hospital.
mércores, 7 out 2015
O alcalde informou este xoves da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da solicitude de contratación de 36 operarios á Deputación de Pontevedra para executar o II Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que está subvencionado con case 80.000 euros para o concello vigués.
luns, 21 set 2015
Abel Caballero participou esta mañá no Comité Executivo de Navalia, Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, que celebrará o ano que ven a súa sexta edición. O alcalde de Vigo trasladou aos organizadores o total apoio do Concello a un evento que aspira a xerar un beneficio superior aos dez millóns de euros na súa próxima cita na cidade, desde o 24 ao 26 de maio de 2016.
martes, 15 set 2015
O alcalde informou este martes da aprobación das bases e da convocadoria das axudas á contratación e mellora do emprego para a mocidade viguesa, un programa municipal para incentivar con ata 5.000 euros o primeiro emprego dos menores de 30 anos e con ata 3.000 euros a transformación de contratos temporais en indefinidos.
mércores, 2 set 2015
O próximo ano funcionará ampliado a máis zonas da cidade, adiantou Abel Caballero, quen acudíu este mércores ás inmediacións do Mercado do Calvario para coñecer de primeira man o traballo que realizan os coidadores de barrio, unha iniciativa do Concello no marco do plan de emprego municipal que realizan 50 profesionais no Casco Vello, no Calvario, Teis, Travesas e Bouzas-Coia.