Caballero destaca BorgWarner "como un dos referentes do éxito da automoción en Vigo"

mércores, 16 nov 2016

O alcalde de Vigo eloxiou o proxecto empresarial que está a desenvolver internacionalmente BorgWarner, unha iniciativa convertida "nun dos referentes da automoción en Vigo", que xera "enorme orgullo" na cidade. Así o dixo durante unha visita ás intalacións para coñecer a ampliación da área de I+D na que tamén estiveron presentes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o presidente e director xeral de BorgWarner Emissions Systems, Brady Ericson, ademais do vicepresidente de Enxeñaría Global de BorgWarner, Carlos Castaño.

O rexedor pon en valor o papel das PEMES nun encontro profesional organizado no MARCO

mércores, 9 nov 2016

O alcalde asistiu esta mañá á xornada organizada polo movemento "Impulsando PEMES", que se celebrou no MARCO de Vigo, na que eloxiou ás empresas e start ups viguesas que desenvolven con éxito os seus proxectos nun mercado moi competitivo. No encontro, directivos de grandes compañías trasladan a súa experiencia de éxito aos participantes amosándolles as claves para impulsar e mellorar o seu negocio.

O goberno de Vigo continúa coas políticas de creación directa de postos de traballo

luns, 10 out 2016

Abel Caballero informou da aprobación na Xunta de Goberno Local das axudas á contratación da xuventude viguesa cun importe próximo aos 100.000 euros para empregar a 40 persoas e tamén o convenio cos comerciantes de Príncipe para crear seis postos de traballo. Ademais, prorrogouse o convenio do Consorcio Galego de Benestar que atende a 120 persoas do programa "Xantar na Casa".

O Concello subvenciona cun millón de euros a creación de emprego en entidades sen ánimo de lucro

martes, 23 ago 2016

A Xunta de Goberno Local aprobou o outorgamento das subvencións a 67 entidades veciñais, deportivas, sociais e asistenciais ou empresariais que poderán contratar con esta axuda a persoal para desenvolver a súa actividade. O alcalde destacou que no ano 2015 se contrataran 155 persoas en virtude deste programa de xeración directa de emprego, un obxectivo ao que o Concello dedica 2,6 millóns de euros.