O Concello e Citroën asinan un convenio para empregar 60 traballadores
O alcalde e o director de PSA Peugeot Citroën Vigo, Frederic Puech, asinaron este venres un convenio de colaboración para o fomento do emprego por un importe de 300.000 euros que, segundo explicou Caballero, se destinarán á contratación de 60 persoas, menores de 30 anos preferentemente, co único requisito de estaren empadroados na cidade porque "é un plan de emprego de Vigo", recalcou. Así, establécese unha axuda municipal de 5.000 euros por posto contratado durante un período mínimo de 6 meses.