O Concello estudará a posibilidade de facilitar aparcamento á empresa Borgwarner
Abel Caballero reuniuse este venres con traballadores do Comité de Empresa e co responsable de Recursos Humanos de Borgwarner con quen se comprometeu a analizar a opción de ampliar as prazas de aparcamento dispoñible para o persoal da mesma, así como a estudar o establecemento dunha parada do transporte urbano na contorna da factoría nos horarios de entrada e saída do persoal. O alcalde puxo en valor a capacidade empresarial da multinacional que ten, dixo, un cento de empregados de alto valor engadido e que desenvolve proxectos de I+D aplicados ao automóbil.