O goberno local contratará a 230 persoas no programa Vigo emprega 2017
O Vigo emprega 2017 estará dotado de 1,5 millóns e permitirá contratar a 230 persoas durante seis meses, explicou esta mañá Abel Caballero. Os primeiros beneficiarios deste programa municipal empezarán a traballar no mes de marzo.
Abel Caballero avanzou esta mañá que en marzo comezarán a traballar a primeira quenda de beneficiarios do Programa Vigo emprega 2017 que este ano contará cun orzamento de 1,5 millóns o que permitirá contratar a 230 traballadores durante seis meses. Os requisitos son, ademais de estar desempregado, ser maior de 18 anos e estar empadroados en Vigo con anterioridade ao 1 de xuño de 2016. Sobre a valoración dos candidatos, o alcalde precisou que se priorizará ás persoas máis desfavorecidas e con máis dificultades de inserción laboral.
Así mesmo, o rexedor deu conta da aceptación da proposta de AIRNOSTRUM de cambiar a conexión con Bruxelas por París. Deste xeito, entre xullo e setembro do ano que ven, Vigo contará cun enlace directo a Charles de Gaulle con dúas frecuencias diarias: xoves e domingos. Ademais deste voo, a compañía seguirá a operar con Sevilla, Gran Canaria, Málaga, Alacante, Menorca, Londres e Roma.
A Xunta Local de Goberno tamén deu luz verde a un convenio coa Asociación do Pobo Saharauí de Galicia de 13.000 euros, para cooperar no traslado de 14 nenos. As achegas a este colectivo ascenderán a 60.000 euros no orzamento de 2017, tal e como asegurou o rexedor.