Dous millóns e medio de lámpadas iluminarán o Nadal de Vigo dende este sábado día 3
O acendido da iluminación navideña será ás 19:00 horas na árbore instalada na Porta do Sol que este ano alcanza os 25 metros de altura "batendo marcas" e conta con 100.000 luces led. O alcalde convidou a toda a cidade a sumarse ao acto co que Vigo se encherá de luz e cor con máis de 1.500 elementos decorativos en 150 rúas.