Dous millóns e medio de lámpadas iluminarán o Nadal de Vigo dende este sábado día 3
O acendido da iluminación navideña será ás 19:00 horas na árbore instalada na Porta do Sol que este ano alcanza os 25 metros de altura "batendo marcas" e conta con 100.000 luces led. O alcalde convidou a toda a cidade a sumarse ao acto co que Vigo se encherá de luz e cor con máis de 1.500 elementos decorativos en 150 rúas.
Abel Caballero deu a coñecer este mércores os actos previstos para este sábado día 3 de decembro no prendido da iluminación de Nadal que se celebra ás 19:00 horas da tarde na árbore instalada na Porta do Sol. O Nadal comeza, dixo "co acendido das luces, fogos artificiais, música e unha sorpresa" e convidou a toda a cidade a sumarse ao acto para gozar do acendido.
Así, dende as 16:30 da tarde haberá unha pantalla na praza proxectando imaxes navideñas da cidade e ás 19 horas comezará a conta atrás para o prendido da iluminación de toda a cidade que rematará cunha tirada de fogos de artificio. Ademais o acto contará coa música en directo do grupo Big Bang Band Vigo e haberá outra actuación sorpresa, segundo anunciou o rexedor.
Sobre a árbore de Nadal instalada na Porta do Sol, o alcalde sinalou que "segue batendo marcas" con 25 metros de alto e 9 metros de diámetro. Dispón de catro entradas ao interior con acceso para persoas con mobilidade reducida e conta con case 100.000 puntos led RGB, amais de 600 lámpadas efecto flash que é unha novidade e "haberá sorpresas na árbore".
Caballero explicou que a cidade se encherá neste Nadal con máis de 1.500 elementos decorativos; haberá máis de 150 rúas iluminadas sendo "seguramente a cidade de España con máis luces" nunha decoración na que se empregarán 2,5 millóns de lámpadas micro-led con 700 arcos transversais e 850 motivos en farois, que chegarán a todas as zonas da cidade. Ademais, vanse iluminar as oliveiras da Praza da Igrexa, Rosalía de Castro, Velázquez Moreno, a Puerta do Sol e o Paseo de Alfonso. Tamén se iluminará o Dinoseto "como parte activa das festas" e instalaranse luces de paraugas en diferentes prazas.
A iluminación de Nadal permanecerá prendida todos os días desde as 18 horas da tarde, apagándose durante a madrugada agás as noites do 23, 24, 25, 30 e 31 de diciembre e dol 1, 5 e 6 de xaneiro, cando se manterán acesas toda a noite.