luns, 28 nov 2016
A moción presentada polo grupo socialista co apoio de Marea de Vigo e o rexeitamento do PP, demanda amais a "gratuidade inmediata" dos aparcamentos situados en consultas e urxencias. A Corporación aprobou solicitar partidas á Xunta para cubrir os patios dos colexios e desaprobou que Feijóo omitira no seu discurso de investidura a realización da conexión ferroviaria do AVE a Vigo por Cerdedo.
luns, 28 nov 2016
A proposta de Marea de Vigo foi aprobada pola unanimidade da Corporación cunha addenda do grupo socialista instando ao goberno autonómico a incluír orzamentos no ano 2017 que permitan contratar brigadas de actuación e limpeza para conservar os xacementos arqueolóxicos.
luns, 28 nov 2016
O Pleno do Concello aprobou na sesión deste luns 28 de novembro a declaración institucional coa que se suma á declaración de París por unha acción acelerada nas cidades para poñer fin á epidemia da SIDA para o 2030.