A cabalgata de Reis de Vigo 2017 evocará o mundo xurásico <br />
O alcalde anunciou a adxudicación da contratación das carrozas que terán ao Dinoseto e o mundo xurásico como protagonistas. Amais, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases da Oferta de Emprego Público de 2013 que inclúe 17 prazas e a adxudicación provisional da explotación do aparcamento da Praza de Portugal.
Abel Caballero informou este venres da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da adxudicación á empresa BIGLAB da contratación dos servizos de deseño e produción de catro carrozas para a Cabalgata de Reis 2017 por un importe de 50.820 euros. O desfile, segundo anunciou, terá como temática o mundo xurásico polo que "os Reis de Vigo viaxarán en Dinosetos" e lembrarán os diferentes ámbitos dese período da historia no que se desenvolveron unha grande variedade de dinosauros.
Amais, a Xunta de Goberno Local aprobou a proposta de clasificación de ofertas para a contratación da explotación do aparcamento da Praza de Portugal a Empark Aparcamientos e Servicios, SA, que deberá presentar a documentación requirida, logo de que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais estimara o recurso que esta interpuxo e que obrigou a proceder a unha nova clasificación das ofertas presentadas.
Nesta sesión da Xunta quedaron aprobadas tamén as bases xerais para a Oferta de Emprego Público 2013, nunha convocatoria que inclúe 17 prazas, 7 de persoal funcionario e 10 de persoal laboral. As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia, na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello.
Tamén recibiron o visto bo da Xunta de Goberno Local o nomeamento da dirección facultativa da obra de humanización da rúa Doutor Corbal, Fase I, que ten un importe de licitación obra de 468.000 euros e a proposta de encomenda de redacción do proxecto de renovación da rede de saneamento da Avenida de Galicia cun orzamento estimado de 250.000 euros máis o IVE.