Caballero pídelle á Xunta dotación presupostaria para os accesos da cidade á autopista
O alcalde reiterou a necesidade de acceder e saír da cidade polo tramo final da autoestrada AP9 dende a rúa Buenos Aires para liberar o tráfico da zona urbana, un investimento que considera "perfectamente asumible", polo que esixe ao goberno autonómico que "se poña mans á obra".
O rexedor pediu este xoves ao presidente da Xunta que "dote nos presupostos unha partida para construír os accesos de entrada e saída da cidade" á autopista pola rúa Buenos Aires algo que, ao seu entender, "non implica minoración de ingresos de autopistas" porque se trata dun tramo libre de peaxe.
Ademais o rexedor vigués considera que a apertura dese tramo á circulación urbana require unha inversión "perfectamente asumible" por parte da Xunta de Galicia e significaría "moito para o tránsito circulatorio e moitísimo para o tráfico de camións pesados que pasan polo centro", algo que arestora está asumindo a cidadanía viguesa soportando os arredor de 300 camións de cinco eixos que atravesan o centro e danan o firme.
Abel Caballero asegurou que dará un tempo á Xunta de Galicia para que actúe e, no caso de que "non progrese esa construción" para que os camións poidan acceder á cidade, principalmente ao Porto, "prohibireilles o paso". Con todo, dixo entender que os empresarios non queiran pagar por ese tramo de peaxe e elixan a vía urbana en lugar da autopista para chegar a Vigo desde a zona de Redondela, algo que se resolvería co cambio que propón o Concello, que derivaría o tráfico cara o tramo final da autopista.
Así instou á Xunta a que "se poña mans á obra" porque a responsabilidade dese tráfico é da Xunta de Galicia e a cidade non debe soportalo polo centro urbano senón que debe ir polo tramo final da autopista.