A rúa García Olloqui terá tráfico restrinxido a autobuses e taxis a partir do 28 de novembro
O alcalde de Vigo anunciou esta mañá a reorganización do tráfico en García Olloqui, cumprindo un mandato xudicial que obriga ao Concello a tomar medidas sobre a insonorización acústica da circulación. Deste xeito, a partir do 28 de novembro o tráfico nesta rúa quedará restrinxido a autobuses e taxis.
O Concello restrinxirá a autobuses e taxis a circulación por García Olloqui a partir do 28 de novembro. Tal e como indicou o rexedor, trátase de cumprir un mandato xudicial que obriga a tomar medidas sobre a insonorización acústica da circulación polo que o tráfico ordinario de turismos e motos subirá por Carral e poderá entrar na rúa Reconquista por Victoria ou por Marqués de Valladares.
Esta reordenación do tráfico é unha medida provisional que o Concello adopta ata que non se volva humanizar a rúa, proxecto que xa figura no documento orzamentario de 2017 e que conta cunha partida de 450.000 euros. Na opinión de Caballero, o recambio do firme de García Olloqui solucionará eses problemas de ruído de tráfico que nestes momentos provoca o adoquinado que se colocou nunha reforma da realizada baixo o mandato de anteriores gobernos municipais.