xoves, 24 nov 2016
Abel Caballero achegouse esta mañá de xoves á entrega de premios do III Concurso de Tapas de Torrecederia no que esta ano participaron dez establecementos da zona. O rexedor defendeu a eficacia da organización deste tipo de eventos para dinamizar a hostalaría e o comercio.
xoves, 24 nov 2016
Abel Caballero presentou este xoves o V Concurso Cidade de Vigo de Violín, Viola e Violoncello que se desenvolve entre o 2 e o 5 de decembro coa participación de 48 intérpretes de España e Portugal e convidou a toda a cidade a asistir aos concertos.
xoves, 24 nov 2016
Abel Caballero presidiu este xoves a recepción que o Concello ofreceu aos responsables do Celta, do Standard Lieja belga e da UEFA no Pazo de Castrelos con motivo do partido que enfronta aos dous equipos este serán en Balaídos. Agardando a vitoria dos celestes no encontro, convidou aos representantes do equipo e da UEFA a coñecer a cidade e eloxiou o bo facer do Celta na súa andaina europea e tamén na Liga española. <br />
xoves, 24 nov 2016
O concelleiro de Deportes presentou o 38º Memorial Belarmino Alonso, "unha das referencias do mundo do atletismo e do cross en España" previsto para este domingo ás 10:30 horas baixo a organización do Comesaña Sporting Club e o patrocinio do Concello.