Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 24 nov 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 25 DE NOVEMBRO DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria do 11 de novembro, e extraordinarias e urxentes do 14 e 16 de novembro.


ALCALDÍA
2.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Alcaldía durante o terceiro trimestre do ano 2016. Expte. 14475/101.

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
3.- Modificacións e regularizacións de custo do contrato "Servizo Integral de comunicacións do Concello de Vigo", período 2015/2016. Expte. 5896/113.

4.- Revisión de prezos do contrato maior "Servizo Integral de comunicacións do Concello de Vigo" , período 2016/2017 Expte.5896/113.

BENESTAR SOCIAL
5.- Indemnización substitutiva por importe de 168.840,33 € a favor de CLECE S.A. pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Expte. 131664/301.

CONTRATACIÓN
6.- Prórroga do contrato do Servizo de mediación e asesoramento en materia de seguros privados ó Concello de Vigo. Expte. 4812/241.

7.- Proposta de clasificación de ofertas para a contratación da explotación do aparcamento da Praza de Portugal. Expte. 429/449.

DEPORTES
8.- Proposta de autorización para a organización do "38ª Edición Memorial Belarmino Alonso de campo a través", o vindeiro domingo 27 de novembro de 2016. Expte. 15045/333.

DIRECCIÓN DE INGRESOS
9.- Toma en consideración do acordo do TEA do Concello respecto ás modificacións de ordenanzas fiscais para o exercicio 2017. Expte. 2319/500.


INTERVENCIÓN XERAL
10.- Xustificantes de libramentos. Expte. 102603/140.

MEDIO AMBIENTE
11.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polos Servizos de Medio Ambiente, Sanidade, Consumo e Vigozoo desde xullo a setembro de 2016. Expte. 12252/306.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
12.- Informe complementario ao acordo da X.Goberno local do 24/10/16 polo que se aproba o outorgamento das "Subvencións para o fomento do asociacionismo e de participación cidadá". Expte. 7353/320.

PATRIMONIO
13.- Rectificación do acordo da X.Goberno local do 27/06/16 "Segregacións e agrupación respecto á parcela municipal E4-1 do Plan Parcial de Navia para equipamento docente. Expte. 2380/244.

RECURSOS HUMANOS
14.- Modificación de instrucións sobre xornada e horario de traballo e réxime de ausencias do persoal ao servizo do Concello de Vigo. Expte.: 23889/220.

15.- Proposta de ampliación do gasto da primera prórroga do Contrato do Seguro de Vida e Accidentes do persoal ao servizo do Concello de Vigo. Primeira prórroga . Expte.: 24360/220.

16.- Complemento de produtividade por toxicidade das brigadas de pavimentación de Vías e Obras correspondentes ao mes de decembro 2015. Expte. 27569/220.

17.- Dietas do órgano de selección do concurso de traslados para o nomeamento de "Responsable de instalacións Vigozoo" por importe de 564,04 euros. Expte. 28107/220.

18.- Bases xerais e específicas da Oferta de emprego público 2013. Expte. 28450/220.

19.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas de seis oficiais de mantemento, baixo a modalidade prevista no artigo 10.1.d) do RDL 5/2015, do 30 de outubro, do TRLEBEP, por un prazo máximo de seis meses para o Servizo de Vías e Obras. Expte. 28799/220.

20.- Dietas do órgano de selección da Bolsa de oficiais sepultureiros 2016 por importe de 2487,58 euros. Expte. 28855/220.

SERVIZO DA ÁREA DE CULTURA
21.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Museos municipais no mes de outubro de 2016. Expte. 1696/341.

22.- Subvención, mediante convenio de colaboración coa Agrupación Fotográfica Galega, para o desenvolvemento do Programa "Maratón Fotográfico 2016". Expte. 1012/330.

URBANISMO
23.- Complemento de produtividade polos traballos de realización do novo Plan Xeral de Ordenación municipal. Expte. 9315/407.

24.- Complemento por encomenda de funcións no departamento de Intervención Urbanística-Licenzas. Expte. 9279/407.

25.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 25 de novembro de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.





A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,
Olga Alonso Suárez.

O ALCALDE,
Abel Caballero Álvarez