O pleno infantil aproba un manifesto en favor dos dereitos dos nenos refuxiados
O alcalde presidiu este mércores unha sesión especial do pleno infantil do Concello no que arredor de setenta estudantes do CEIP A Doblada e do colexio Niño Jesús de Praga aprobaron por unanimidade un manifesto a prol dos dereitos dos millóns de nenos e nenas refuxiados e emigrantes que hai no mundo e no que instan ao Goberno de España e á Unión Europea a tomar medidas ante a situación que sofren. Ademais o alumnado entregoulle a Abel Caballero o pasaporte da humanidade, unha guía para abordar os dereitos da infancia.