O goberno municipal reforza as liñas C1 e C2 durante o Nadal
Co fin de facilitar o movemento da cidadanía ante a previsión de afluencia polas compras, as dúas liñas circulares ampliarán os servizos durante as fins de semana e os festivos. Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a clasificación de ofertas para as carrozas da Cabalgata de Nadal que este ano verá modificado o seu percorrido.
Abel Caballero deu conta este martes da ampliación de frecuencias nas liñas C1 e C2 do transporte público urbano desde o próximo 4 de decembro e ata o 8 de xaneiro durante as fins de semana e os días festivos.
Ante a previsión de maior afluencia de persoas ao centro da cidade para realizar as compras, o Concello decidiu ampliar as frecuencias os sábados, domingos e festivos na liña C1, Circular Centro e na Circular C2 amplíanse tamén os servizos os domingos e festivos durante ese período de tempo. Ademais, o rexedor adiantou que as luces e a grande árbore de Nadal que se instalará na Porta do Sol animarán as compras de Nadal na cidade.
Adxudicación das carrozas da Cabalgata de Reis
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a clasificación de ofertas para a contratación das carrozas para a Cabalgata de Reis 2017 por un importe de licitación de 57.000 euros. Caballero engadiu que será unha "gran cabalgata" e que verá modificado o percorrido habitual para evitar as obras que se están acometendo en García Barbón. Deste xeito, é probable que a comitiva real parta de Isaac Peral, siga pola rúa Areal, Colón, Policarpo Sanz e remate na Porta do Sol, coa mesa lonxitude e sendo "a mellor da historia da cidade".
Ademais recibiu luz verde a contratación das obras de reforma do campo de fútbol A Bandeira-Carballal, cun investimento de 600.000 euros este ano e 80.000 en 2017 para a reforma dos vestiarios e dunha grande bancada.