UNICEF premia ao Concello polas súas boas práctica coa infancia
Segundo Caballero, a ONG das Nacións Unidas recoñece co galardón o "esforzo do Concello" na atención á infancia. Amais, a Xunta de Goberno aprobou a modificación das bases da OEP de Policía Local con 23 prazas e a previsión de realizar o primeiro exame en xaneiro de 2017, así como a subvención de 50.000 euros ao Club Valladares para iluminar o campo e 10.000 euros para o Festival SINSAL.
O alcalde deu conta este luns da entrega, por parte de UNICEF, do premio do VIII Certame de Boas prácticas, dereitos da infancia e política municipal co que recoñece o "esforzo do Concello en favor da infancia". Así, destacou a atención ás nenas e nenos do seu goberno con políticas como as bolsas de inglés, as bolsas de libros e de comedor, das que se benefician ata 5.000 familias que non poden sufragar os gastos de estudos polas súas circunstancias económicas, a acción deportiva, os parques infantís ou o turismo familiar.
Acordos da Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a modificación das bases específicas de Policía Local para a Oferta de Emprego Público 2010-2011 ante a modificación da Lei de coordinación de policías locais de Galicia. A convocatoria inclúe 23 prazas: 18 de quenda libre e 5 na quenda de mobilidade. Segundo informou o rexedor, o prazo de presentación de solicitudes para concorrer finaliza o 7 de decembro, estando dispoñible a lista provisional de admitidos a finais de ano, de maneira que a previsión é que o primeiro exame poida realizarse ao final do mes de xaneiro de 2017. Caballero salientou que o proceso permitirá incorporar novos efectivos á policía local que desenvolve un "magnífico traballo en Vigo".
O alcalde vigués lembrou que como presidente da FEMP segue "na batalla" para conseguir a xubilación anticipada aos 60 anos para 70.000 policías locais de toda España, un proceso no que o Ministerio de Traballo está poñendo "serios obstáculos". Lembrou Caballero que esta é unha demanda do corpo da Policía Local e conta co visto bo da FEMP, sendo os Concellos os que asuman o gasto desas xubilacións "practicamente na súa totalidade", polo que instou á Ministra a que "resolva este problema".
Tamén quedou aprobada na Xunta de Goberno a subvención de 50.000 euros a favor do Club Deportivo Valladares para a reforma do alumeado no campo de fútbol da Gándara-Valladares, co fin de que consigan o dobre de iluminación, e unha subvención para a organización do Festival SINSAL de 10.000 euros.
Descargar todas as imaxes