O alcalde destaca o "gran servizo" prestado por Antonio Coello na cidade e na provincia
Abel Caballero recibiu ao ata agora Subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra na súa despedida do cargo, con motivo do seu cese por xubilación, e destacou a defensa do interese cidadá realizada por Antonio Coello.
Ao remate do encontro, o rexedor recoñeceu que Antonio Coello "foi e é un grande subdelegado do Goberno e fixo un grande traballo na provincia desde unha perspectiva moi importante, que é o interese xeral da provincia, sen atender a cores políticas".
Caballero lamentou a súa marcha e destacou "o modelo espléndido" desenvolvido por Antonio Coello na relación co Concello prestando "un grande servizo á cidade", de maneira que "a súa acción o coloca nos máis altos estándares do que un poida esperar". Por iso, recoñeceu o seu labor e felicitouno no nome de Vigo.
Antonio Coello transmitiu ante os medios de comunicación que cesa no seu cargo tras unha vida dedicada á función pública con distintas ocupacións nas que tivo a oportunidade de achegarse á realidade social e política da provincia de Pontevedra e na que procurou, dixo, velar polo ben común e o interese xeral do Estado para a cidadanía.
Descargar todas as imaxes