Escoitar

A biblioteca do Auditorio Mar de Vigo abre as súas portas con 400 postos de lectura

Abel Caballero e Carmela Silva visitaron esta mañá a biblioteca do Auditorio Mar de Vigo que abrirá as súas portas en próximos días con 400 postos de lectura. Esta sala de estudo forma parte da remodelación que financiou a Deputación de Pontevedra para trasladar a UNED ao Mar de Vigo cun convenio de 800.000 euros.

luns, 28 nov 2016
1480341135uned.JPG
O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación coincidiron hoxe luns en cualificar de "excepcional" a sala de lectura con capacidade para 400 usuarios que se vai abrir en próximos días no Auditorio Mar de Vigo. Tal e como explicou o rexedor, este espazo ven cubrir unha gran demanda entre os estudantes da cidade que se completará con outras dúas instalacións: unha en Navia e outra na Casa do Patín, en Bouzas. Durante a visita, Caballero apuntou que este espazo de lectura, "espazoso, cómodo, e con boas vistas", estará aberto para todo o mundo, sexa ou non universitario, cun horario moi amplo.

Esta obra, precisou, é resultado da combinación de esforzos de Concello e Deputación, quen financiou con 800.000 euros as obras que se acometeron nos espazos do Pazo de Congresos para poder albergar a UNED. O traslado deste centro formativo -no que se imparten 13 carreiras- é unha mostra máis da recuperación dunha zona que estaba degradada e que agora conta tamén con actividade cultural da man da programación do Auditorio-, comercial -vai abrir en breve nun supermercado-, dixo.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción á que cualificou como "a sala de estudo máis grande de Galicia" que ademais está situación no centro, tal e como reclamaban os estudantes dado que a Universidade de Vigo está bastante afastada. Silva destacou o convenio de colaboración asinado para remodelar os espazos e enmarcouno nun cambio de modelo político na Deputación porque agora se atende a Vigo.
Descargar todas as imaxes