Escoitar

Vigo acolle o acto de entrega dos Premios Internacionais Voz do Mar

O alcalde destaca a "paixón" de Vigo polo mar durante a presentación da entrega dos premios que concede a Fundación Biamar recoñecendo o labor das persoas e entidades que traballan no mar, e que escolleu a Vigo como anfitrioa por primeira vez para esta cerimonia. O acto será esta noite no Auditorio do Mar.

venres, 26 feb 2016
1456493497mar.JPG
Abel Caballero presentou os Premios Internacionais Voz del Mar que concede a Fundación Biamar e que se entregan este venres pola noite no Auditorio do Mar, nun acto que se celebra de forma itinerante en diferentes cidades e que recala, por primeira vez, en Vigo.

O alcalde dixo sentirse "moi honrado" por esta elección e apuntou que "a cidade máis fermosa do mundo é o entorno perfecto para entregar estes premios" porque "en Vigo o mar é unha paixón, a navegación é unha necesidade e o mar únenos con outros espazos e territorios do mundo", recoñecendo tamén o labor da Fundación Biamar e das persoas e entidades que galardonadas.

José Luis Soler, o coordinador da Fundación Biamar, unha organización de carácter cultural e científico sen ánimo de lucro, destacou o traballo dos premiados nesta edición, a quen lles agradeceu o seu esforzo e deu as grazas ao Concello por acoller o evento na cidade. Os galardonados son a Fundación Biodiversidad, polo proxecto Indemares, a Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, a Plataforma Onda Corta de Radio Exterior, a rede CEIMARNET e a oceanógrafa Silvia Alice Earle.

En representación dos premiados, Sonia Castañeda, directora da Fundación Biodiversidad, responsable do proxecto Indemares, agradeceu o recoñecemento que reciben e puxo en valor o traballo realizado ao longo de seis anos nos que descubriron novos hábitat, novas especies e aves representativas da biodiversidade.
Descargar todas as imaxes