O Concello aposta pola innovación das industrias do mar cun maratón tecnolóxico
O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, David Regades, presentou este martes o Hackathon Sanjurjo Badía, que reunirá o 27 e 28 de febreiro no Mar de Vigo a máis de 80 persoas dos ámbitos da enxeñería, a informática, as telecomunicacións, as ciencias e a empresa. O concurso promove o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos relacionados coas industrias do mar.