Escoitar

Vigo conmemora o nacemento de Rosalía Castro

O 24 de febriro, ás 20.30 h no auditorio municipal (praza do Rei, 1) e con entrada de balde, até completar capacidade, Teatro Antroido representa "Rosalías. Unha vida de luces e sombras".

martes, 23 feb 2016
1456225634rosaliateatro.jpg
Rosalías achegará unha manchea de textos de e sobre Rosalia de Castro para contribuír a espallar unha imaxe renovada na que a padronesa xa non é esa muller sensibleira e romanticona, senón unha intelectual feminista comprometida coa análise da sociedade do seu tempo.

Roi Vidal e Laura Ponte percorrerán a vida e a obra de Rosalía a través dos seus momentos máis significativos, nunha narración chea de poesía, pensamento, música, símbolos, humor e aire esco.

Comercios do Clavario

Este 24 de febreiro os comercios do Calvario, e todo Vigo, homenaxean a Rosalía de Castro.O Concello, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios xunto co mercado do Calvario, van encher os escaparates do Calvario con versos da escritora.

Esa mesma mañá, a partir das 11.30h percorreranse os comercios deténdose para ler os versos; posteriormente haberá unha lectura compartida de poemas de Rosalía. Lectura que se chover faremos no propio mercado.

Dinamización Infantil

Nos espazos de Dinamización Infantil do Concello de Vigo, ( Casa da Xuventude e Pavillón de Coia), realizaranse diferentes actividades e xogos para conmemorar esta data e que os/as nenos/as coñezan máis da súa vida e obra, así realizaremos:
1. Lectura dalgunha das súas poesías e Asamblea ¿Coñecemos a Rosalía?.
2. Ilustración dun dos seus poemas.
3. Manualidade: marcapáxinas coa imaxe de Rosalía e un anaco do seu poema e collage da imaxe de Rosalía.
4. Xogo: rompecabezas dos versos dun poema. A través de diferentes probas terán que conseguir os diferentes versos ata formar o poema enteiro.

Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:30 a 20:30 e participaran os usuarios/as dos espazos de Dinamización Infantil de idades comprendidas entre os 4 e 12 anos.
Descargar todas as imaxes