Faladoiro "Rosalía, feminista"
O martes, 23 de febreiro ás 19:00h o Centro de Documentación e Recursos Feministas acollerá o faladoiro "Rosalía, feminista" que impartirá Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro. Actividade que se enmarca dentro dos actos que o Concello de Vigo organiza con motivo da celebración do Día de Rosalía o día 24 de febreiro
"Porque aínda non lles é permitido ás mulleres escribir o que senten e o que saben". No ano 1859, Rosalía de Castro explicaba así un dos leitmotiv da súa obra, e facíao no prólogo da súa primeira novela, A filla do mar.
Para Pilar García Negro, autora da definición de Rosalía de Castro como "feminista na sombra" Rosalía de Castro (1837-1885) é, sen dúbida, artífice esencial da historia contemporánea de Galicia. Ela foi a súa voz e o seu intérprete principal. Ao seu patriotismo une unha preocupación constante pola condición e a sorte das mulleres, que se fai medular en toda a súa obra. O seu feminismo é correlato da súa posición vital, filosófica e política na vida.
Anxo Angueira Viturro é filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, con sede na Casa Museo de Rosalía, desde o 1 de xuño de 2012.
Descargar todas as imaxes