Escoitar

Vigo rende homenaxe a Vanessa Lage quen "deu a súa vida pola cidade"

A antiga travesía José Antela Conde incorpórase dende hoxe ao rueiro vigués como Vanessa Lage. Este é un dos tributos que o Concello lle brinda á axente de policía falecida hai máis dun ano durante un atraco a unha sucursal bancaria. No acto de descubrimento da placa, no que estivo o director xeral da Policía Nacional, Abel Caballero destacou que Vanessa Lage "deu a súa vida pola cidade"

venres, 19 feb 2016
1455889853CALLE.jpg
O Concello rendeu este venres homenaxe a Vanesa Lage co descubrimento da placa que dá nome á antiga travesía José Antela Conde e que se incorpora ao rueiro vigués co nome da policía falecida en acto de servizo durante un atraco a unha sucursal bancaria en novembro do ano 2014.

No acto de recordo á súa figura e valor, presidido polo alcalde, estiveron presentes varias autoridades como o director xeral da Policía Nacional, Ignacio Cosidó, o comisario da Policía Nacional de Vigo, José Muñoz, o delegado do Gobierno en Galicia, Antonio Villanueva, o subdelegado do Goberno en Ponteveda, Antonio Coello e o pai da axente falecida, Juan Lage así como representantes de todos os corpos e forzas de seguridade do Estado.

Abel Caballero sinalou que o acto é a "homenaxe de Vigo a Vanessa Lage, quen deu a súa vida pola cidade e forma xa parte dela" e unha mostra de "recordo, proximidade e emoción" en recoñecemento a Vanessa e a toda a Policía Nacional que vela pola seguridade cidadá e o "noso cariño á súa familia".
Descargar todas as imaxes