A cidade rende homenaxe ao empresario vigués Enrique Peinador cun busto na Facultade de Económicas
O alcalde avanzou hoxe xoves que o destacado empresario vigués Enrique Peinador contará cun busto na Facultade de Económicas. Deste xeito, réndese homenaxe a un dos impulsores do tranvía na área metropolitana, explicou en rolda de prensa.
O alcalde de Vigo advertiu hoxe xoves da necesidade de recuperar na memoria colectiva a eses empresarios das décadas dos 30, 40 ou 50 que xogaron un papel importante na cidade e que "indebidamente" pasaron ao esquecemento. Logo de manter un encontro co Foro Enrique Peinador, avanzou a vontade do Concello de render homenaxe a este empresario, impulsor do tranvía metropolitano, coa colocación dun busto na Facultade de Económicas do campus vigués.
Descargar todas as imaxes