martes, 16 febreiro 2016

Caballero saúda a "capacidade excepcional" do alumnado do Colexio Barreiro

martes, 16 feb 2016

Preto de medio centenar de nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria do Centro Plurilingüe Barreiro visitaron este martes a casa consistorial, dentro do programa "Visita o teu Concello". No salón de Plenos municipal foron recibidos e conversaron co alcalde de Vigo, quen salientou a "capacidade excepcional" amosada polos escolares na diálogo e nas preguntas formuladas.

Obradoiro de Escrita Creativa

martes, 16 feb 2016

A Concelleria de Xuventude organiza un obradoiro de Escrita Creativa co fin de é achegar aos mozos e mozas á literatura, tanto á escrita como á lectura, a través de pequenos exercicios que van dende xogos de escrita creativa ata intervencións de inspiración artística con base na literatura, pasando pola elaboración de textos propios e a creación en diversos formatos / audio, vídeo) relacionados con libros ou de creación propia.