O Concello apraza o desfile de comparsas do Entroido para o próximo sábado
Polas previsións metereolóxicas adversas para mañá sábado, 13 de febreiro, o desfile-concurso de comparsas e carrozas terá lugar unha semana despois, segundo anunciou este venres Abel Caballero. O goberno de Vigo pospón a súa celebración para as 18 horas do sábado, 20 de febreiro, cando "a perspectiva climatolóxica parece que non é mala", en verbas do alcalde.