Obradoiro de improvisación teatral
A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 21 horas, destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas. Previamente haberá dúas charlas explicativas nas que se achegarán os contidos e as dinámicas de traballo aos potenciais participantes do obradoiro.<br /> <br />
O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos os días empregamos distintos recursos expresivos e amosamos aspectos da nosa personalidade diferente en función do contexto no que nos atopemos. Somos, dalgún xeito, actrices e actores das nosas vidas. Neste obradoiro tomaremos consciencia desta semellanza, trasladando eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá e un espazo ficcional.
Haberá dúas charlas explicativas (co mesmo asunto), previas ao obradoiro; nas que se achegarán os contidos e as dinámicas de traballo aos potenciais participantes do obradoiro:
- 23 de febreiro (martes) de 18:30 a 20:30 na Casa da Xuventude (r/ López Mora, 31)
- 3 de marzo (mércores) de 18:30 a 20:30 na Oficina Municipal de Distrito do Casco Vello (r/ Oliva, 12)
Non é necesaria inscrición previa para asistir ás charlas.
O obradoiro terá lugar os días 12, 19, 26 de abril; 3, 10, 24, 26 de maio, de 17:00 a 20:00, no Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2)
Descargar todas as imaxes