Esta fin de semana comeza "VIGOCULTURA" con Teatro do Morcego e Trompicallo
Esta fin de semana da comezo a programación municipal de artes escénicas, VIGOCULTURA, que se desenvolverá no Auditorio Municipal do Concello durante os meses de febreiro a maio, con espectáculos para adultos os venres e para público familiar os domingos.O venres 12, ás 21:00 h, Teatro do Morcego representará a obra "Presidente" e o domingo 14, ás 18:00 h, á compañía Tromplicallo "Rumpelstikin. O anano saltarín".
Este venres 12, ás 21:00 h, Teatro do Morcego representará a obra "Presidente"; en plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o Presidente do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente os votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do Presidente: unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais, ou unha familia monoparental antisistema escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o Presidente disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor. O prezo da entrada é de 8 €.
Pola súa banda, o domingo 14, ás 18:00 h, tocaralle o turno á compañía Tromplicallo, coa obra para público familiar "Rumpelstikin. O anano saltarín", baseada no teatro de monicreques; o prezo da entrada é de 5 €.
As entradas poden adquirirse anticipadamente a través da páxina web de Ataquilla, no teléfono 902 504 500, na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26) ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles). Hai tamén abonos (só a través do canal telefónico e no despacho de billetes):
- ABONO Á CARTA 5 (Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15% de desconto sobre o prezo total)
– ABONO Á CARTA 10 (Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total).
Descargar todas as imaxes